O Día da Ciencia na Rúa con 35 carpas instaladas ao aire libre no Parque de Santa Margarita foi, a pesar do mal tempo, un ano maís un exito .
Os visitantes podían pasear polas carpas dalgúns dos centros educativos da Coruña, Betanzos, Cambre, Oleiros, Culleredo, As Pontes, Sada, Ribadeo e Carballo donde os alumnos e mailos seus profesores, identificados con camisetas azuis, explicaban os proxectos expostos e realizados polos alumnos ó longo do curso:fornos solares, muíños, norias, maquetas de mecanismos, paneis de bioloxía, matemáticas, experiencias de cores-luz e moitos mais.
A Universidade da Coruña tiña tamén unha importante representación con programas de actividades presentados por profesores e alumnos das facultades de Ciencias da Educación, Informática e Ciencias.
De espectaculares poderíamos cualificar moitos dos traballos e experiencias presentados por alumnos de ciclos formativos de formación profesional. Destacar, ademáis, a presenza dunha carpa da Asociación Coruñesa de Persoas con Diabete(www.diabetescoruna.org) que explicaba a todos os visitantes, de forma moi sinxela, en que consiste esta enfermidade e como é o día a día dos nenos afectados.As persoas que levaban esta carpa repartían aos interesados unha serie de de cadernos divulgativos.
En definitiva, un éxito de público e crítica para esta XIII edición "da Ciencia na Rúa".
Por que non participades na XIV edición?
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire