21.9.08

TRES CONSELLOS PARA EMPEZAR BEN O CURSO.


1º Asegurarnos de que dispón de todo o material escolar necesario, especialmente os libros xa que a miúdo nalgunhas ocasións algun@s alumn@s non teñen todos os materiais ata ao cabo dun mes ou máis, o que supón un verdadeiro problema para ell@s, xa que lles dificulta excesivamente seguir a materia en concreto.
2º Establecer un horario claro e factible, incluíndo aquelas actividades extraescolares que teñamos pensadas. Este horario debe prever tanto tempo para o estudo e os deberes como algún momento de descanso, é bo dedicar tamén un intre á lectura, xa sexa compartida (a mellor opción), é dicir, cun adulto, ou ben individual. Este horario é bo que se manteña o longo de todo o curso, aínda que é necesaria e boa a flexibilidade, pero resultará unha ferramenta fundamental de face a unha boa consolidación dos hábitos de estudo.
3º Ter en conta aquelas materias nas que o neno ou a nena presentaron maiores dificultades durante o curso anterior, e facilitarlle os reforzos que creamos necesarios desde o primeiro momento.

Aucun commentaire: