
Fágovos, a continuación, unha breve reseña dunha das revistas informáticas do mercado con mellor relación calidade-prezo. A revista chámase "Personal Computer & Internet" e no seu nº 61 podemos encontrar unha serie de artigos interesantes agrupados en diferentes seccións (Actualidad, Hardware, Software,Práctico,etc...). A lectura dos artigos é, en xeral, accesible para un afeizoado a isto de focellar cos ordenadores cun nivel básico-medio. A min, persoalmente, os artigos mais interesantes parecéronme as comparativas de varios procesadores de texto online (xa non necesito ter un procesador de texto ocupando espazo no meu disco duro) e as comparativas de varios programas de control remoto (podo manexar dende a miña casa un ordenador do insti). Failles ti unha visita, seguro que encontras cousas do teu interese.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire