13.3.09
À ATENCIÓN DE MESTRES DE INFANTIL E PRIMARIA
Á atención de mestres de infantil e primaria
Xa comeza a segunda edición do proxecto educativo «Educar, pegar, voar», dirixido a mestres de Educación Infantil e de Primeiro e Segundo curso de Educación Primaria.
O obxectivo do proxecto é crear e compartir actividades didácticas que fomenten novas habilidades nos alumnos e axuden a entender mellor o papel dos materiais escolares no currículo.
«Educar, pegar, voar» nace da iniciativa de Pritt de profundar no significado das listas de materiais na escola.
Que atoparás na web do proxecto www.prittentulista.com?
1. A túa lista de recursos
Un gran número de actividades educativas, preparadas para descargares e desenvolveres na aula, clasificadas por idades e áreas curriculares; e tamén actividades para datas especiais, como o Día da paz, Nadal, outono, Entroido, etc.
2. A túa lista de materiais
Descarga a lista de materiais escolares axeitada para a túa clase e personalízaa segundo as túas necesidades.
Inscription à :
Publier les commentaires (Atom)
1 commentaire:
Gústanos o voso blog e por iso vos deixamos un agasallo no noso. Se queredes podedes pasar a recollelo.
http://papacontos.blogaliza.org/
Enregistrer un commentaire