4.9.08

Miss Vietnam e a importancia de conseguir o titulo da ESO.

A nova Miss Vietnam será desposuída do seu título se se demostra que non terminou a escola, unha violación das regras do concurso, informaron hoxe fontes oficiais.

Tran Thi Thuy Dung, de 18 anos, foi coroada como a muller máis bela de Vietnam na gala celebrada o pasado domingo na cidade de Hoi An, un popular destino turístico.

No entanto, Pham Sy Liem, o director do colexio da localidade de Danang onde a moza supostamente se graduó este ano, afirma que esta xamais obtivo o título.

As regras especifican que as candidatas a Miss Vietnam deben ser cidadás vietnamitas de entre 18 e 27 anos, medir máis de 1,60 metros de estatura, non haberse sometido a operacións de cirurxía estética e cursar a educación secundaria obrigatoria.

Aucun commentaire: