28.11.07

O NOTICIARIO:




Sabias que o cine de animación vai cumprir 100 anos? E que a primeira peli animada naceu en 1908? Iso si, as técnicas cambiaron moito, pasamos da animación tradicional a stop motion,rotoscopia,flash,3D... Tamén quería anunciarvos que se estrea en 2008 "Planet One" ,o parecer,a produción mais cara do cine español. http://ocio.msn.es/cine/EstrenosCine.aspx

16.11.07

COLABORACIÓN VOLUNTARIA


Gustaríame felicitar ós alumnos que durante o curso 2006-07 viñeron axudar de forma regular nos recreos a forrar libros, restaurar tapas, pegar etiquetas e sobre todo crear un grupo donde reinaba o bo humor, as ganas de pasalo ben e de estar en contacto cos libros. Foron un exemplo de xenerosidade. Espero de todo corazón contar convosco este curso.

VIAXE POLA LITERATURA FRANCESA







Nestes días as alumnas de francés de 4ºESO están realizando un traballo sobre autores franceses dende a Idade Media ata o século XX que enlazará coa materia que están dando en Historia. Se tedes curiosidade por velo podedes pasar pola clase de 4º.

14.11.07

2007 ANO DA CIENCIA


Quería presentarvos una páxina web que me pareceu moi interesante, chea de noticias e experiencias relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía en España. Recordarvos, ademáis, que neste mes de novembro estanse a levar a cabo en Galicia 116 actividades en relación co mundo da ciencia que podedes atopar se vos animades a entrar nela. Un dos temas interesantes que trata é o cine científico : http//www.semanadelaciencia.es/

8.11.07

HORA DE LER:

Recomendamos ... O cazador de estrelas ( 1º ciclo)
Título: O cazador de estrelas
Escritor: Ricardo Gómez
Tradutor: José Ignacio Chao Castro
Editorial: Tambre
Colección: Catavento
Cidade: Zaragoza
Ano: 2004
N" páx.: 172
ISBN: 84-263-5470-X

Bachir é un neno enfermo que vive nun campamento de refuxiados saharauis. Debido á súa doenza está recluído nunha tenda e a súa familia coida del. Non sabe ler nin escribir e abúrrese cos libros de imaxes que lle leva súa irmá. Descobre que a través dos sons que lle chegan do exterior pode enterarse de todo o que pasa no campamento. Entretense escoitando estas voces e imaxinando o que transcorre fóra da súa tenda. Unha noite escoita o ruído duns pasos e coñece a un vello que lle vai contar a historia do seu pobo e a posibilidade de curarse da súa enfermidade.

Recomendamos ... O príncipe da Brétema (2º ciclo)

Título: O príncipe da Brétema
Escritor: Carlos Ruiz Zafón
Ilustrador: Tino Gatagán
Tradutor: Inés Sixto García
Editorial: Rodeira-Grupo Edebé
Colección: Periscopio
Cidade: A Coruña
Ano: 2000 Reedición: 2002
N" páx.: 221
ISBN: 84-8116-327-9

Max trasládase xunto coa súa familia a un pobo da costa para afastarse da guerra. De contado vai descubrir que o seu novo fogar está envolto nun terrible misterio. Coa aparición do Dr. Caín, un diabólico personaxe, comezan a precipitarse os acontecementos.
ASÍ EMPEZA...Aínda terían que pasar moitos anos para que Max esquecese aquel verán en que descubriu, case que por casualidade, a maxia.

Recomendados polo IES PAZO DA MERCÉ AS NEVES

OS NENOS E NENAS DE ENTRE 10 E 13 ANOS SON OS QUE MÁIS LEN

A Federación de Gremios de Editores de España vén de facer públicos os resultados do Barómetro de Hábitos de Lectura y compra de Libros correspondente ao terceiro trimestre de 2007. Consolídase o grupo de nenas e nenos entre 10 e 13 anos como o sector da poboación que máis le: 9 de cada 10 nenas e nenos desta idade decláranse lectores; a maioría le por elección propia e porque lles gusta.
Un dato significativo é que o 94,5% dos nenos e nenas enquisados afirman que no seu colexio os profesores lles animan á lectura.
Outro dato importante: nos fogares destes lectores, o 73,4% dos pais len de forma cotiá e un 80,7% mercoulles ou regaloulles libros no último ano.
O mesmo estudio sinala que entre a poboación lectora maior de 14 anos (o 57%), o grupo de poboación que máis le son os mozos entre 14 e 24 anos, que o fan nun 70,2%
Non debe pasarse por alto outro dato deste barómetro, o que indica que só escolle o galego para as súas lecturas un 0,1% da poboación lectora. Por último, un vistazo á lista dos libros máis lidos en xeral, e entre os máis novos en particular, chama a unha reflexión á hora de preparar seleccións de lecturas e itinerarios lectores para o noso alumnado, co fin de mellorar a súa competencia literaria. (NOTICIA DO BLOG DE BIBLIOTECAS ESCOLARES)

4.11.07

Novo programa de literatura

Página 2 Hoxe empeza a emitirse na 2 de TVE (as 20 h 15) un programa semanal adicado á literatura cun formato innovador, con entrevistas e reportaxes que afondarán polo miúdo en aspectos descoñecidos do mundo dos libros e a crítica de cine inspirado na novela.