19.12.07

10ª PROPOSTA DE NADAL....ESO


Hiperlibros de la

Ciencia. 1999.

Unha amena visión da ciencia

que se pode ler coma un libro

ou consultar coma unha enciclopedia.

Nela atópanse os seguintes títulos:

  • 1.- La Materia.
  • 2.- Fuerzas y Energía.
  • 3.- La Química.
  • 4.- Luz, Sonido y Electricidad.
  • 5.-El Cosmos.
  • 6.- La Conquista del Espacio.
  • 7.- Dentro de la Tierra.
  • 8.- El Clima.
  • 9.- Los Secretos de la Vida.
  • 10.- Las Plantas.
  • 11.- Los Invertebrados.
  • 12.- Los Vertebrados.
  • 13.- El Comportamiento Animal.
  • 14.- La Ecología.
  • 15.- Los Océanos.
  • 16.- La Vida en la Tierra.
  • 17.- La Evolución del Ser Humano.
  • 18.- El Cuerpo Humano.
  • 19.- El Mundo de los Ordenadores.
  • 20.- Historia de la Ciencia y la Tecnología: De la Prehistoria al Renacimiento.
  • 21.- Historia de la Ciencia y la Tecnología: La Revolución Científica.
  • 22.- Historia de la Ciencia y la Tecnología: El Siglo de las Luces.
  • 23.- Historia de la Ciencia y la Tecnología: El Siglo de la Industria.


9ª Propostas Para o Nadal....ESO


Biblioteca Actual Larousse. 2003, unha colección
nova e moderna que nos acerca ó mundo de hoxe.

Nela atópanse os seguintes títulos:

El Islam, un mosaico de culturas.
La globalización, ¿un futuro para todos?
La clonación, riesgos y expectativas.
Patrimonio mundial de la Unesco.
Especies amenazadas, ¿hasta cuándo?
Pueblos primeros, culturas ancestrais.
La población en el mundo, 6000 millones, ...
Fenómenos naturais, un planeta activo.
Estados Unidos, ¿los amos del mundo?
La agricultura, de lo tradicional ...
Los climas, ¿un futuro imprevisible?
Mares y océanos, el planeta azul.
Ministerios del cerebro, un enigma ...
Religiones en el mundo, ¿en qué creemos?
Agentes de la economía mundial, ¿quiénes ...
La alimentación, ¿qué comemos?
Riesgos ecológicos, ¿una amenaza evitable?
La nueva geopolítica, ¿es posible la paz?

18.12.07

8ª PROPOSTA DE NADAL....ESO


La Historia de la Música, 2005.

Unha interesante viaxe a través da historia da música,
os seus protagonistas, movementos, instrumentos
e composicións.

7ª PROPOSTA DE NADAL...PRIMARIA


El libro de los Valores, 2002.

Unha fantástica combinación de relatos

populares, citas históricas e explicacións

para aprender a mellor das leccións: ser mellor persoa.

6ª PROPOSTA DE NADAL...


Tecnología, 2004.

Se queres coñecer como funcionan

e como son por dentro os elementos

que moven o mundo, nestes libros

atoparás a solución a todas as túas curiosidades.

Os dous libros desta serie son:

  • La Energía.
  • Las Máquinas.

5ª PROPOSTA DE NADAL...PRIMARIA

Manualidades Divertidas, 1992.

Gústanche as manualidades?

Es capaz de facer auténticas obras de arte coas mans?

Pois nesta colección atoparás unha serie de guías

que te van axudar a facer auténticas marabill

Nesta serie poderás atopar:

· Modela con Barr

· Disfruta con Papel Maché

· Crea con Plastilina

·Diviértete haciendo Títeres.

·Crea y Recicla

·Juega con Papel.

·Descubre el Colage

·Modela con Pasta de Sal.


4ª PROPOSTA DE NADAL...PRIMARIA


Guías de Campo, 2006.

Esta serie ofréceche unhas guías

ilustradas para que poidas aplicar ao

aire libre todo o que aprendes na clase.

As diferentes guías que se inclúen son:

  • Orientación y Mapas.
  • El Tiempo.
  • El Cielo.
  • Los Árboles.
  • Las Flores.
  • Los Mamíferos.
  • Las Aves
  • Los Peces.

3ª PROPOSTA DE NADAL....PRIMARIA


Mi Primer Atlas, 2007.

Unha serie de libros

sobre múltiples materias

cos que ver, ler e apre

A nosa colección inclúe:

  • Inglés.
  • La Tierra.
  • La Vida.
  • Las Plantas.
  • El Universo.
  • Los Animales Invertebrados.
  • El Cuerpo Humano.

2ª PROPOSTA DE NADAL....


Mitos Griegos, 2007.

Dun xeito moi similar ao de Zona de Explosión,

atoparás desta vez as incribles historias

dos protagonistas dos mitos greg

Podes gozar da lectura de:

  • Los doce trabajos de Heracles.
  • Teseo y el Minotauro.
  • Los Viajes de Odiseo.

1ª PROPOSTA DE NADAL....

Zona de Explosión, 2007.

Unha colección de textos

e imaxes cos que achegarse

aos máis importantes inventos

e máis aos seus descubridores.

Aquí poderás consultar os seguintes exemplares:

  • Faraday y la Ciencia de la Electricidad.
  • Bell y la Ciencia del Teléfono.
  • Curie y la Ciencia de la Radiactividad.
  • Los Hermanos Wright y la Ciencia de la Aviación.

10.12.07

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

"Dignidade e xustiza para todos"



"Os Dereitos Humanos son os nosos dereitos. Tomémolos, defendámolos, promovámolos, esntendámolos e insistamos neles. Nutrámolos e enriquezámolos...Son o mellor de nós. Deámoslles vida" (Kofi Annan)

from trafegandoronseis

6.12.07

REVOLUCIÓN FRANCESA = CUNA DOS DEREITOS HUMANOS:IGUALDADE-FRATERNIDADE-TOLERANCIA

O GRAN LIBRO

Hoxe, navegando pola rede, atopei esta actividade feita por nen@s doutro colexio e pareceume unha boa idea para realizar cos contos que estades escribindo polo Nadal. Se vos gusta a idea...

3.12.07

SAN NICOLÁS











Hoxe queríavos falar de San Nicolás,o patrón dos nenos.

En Bélxica, Holanda, Austria, Suíza, Alemaña, Polonia, República Checa, Luxemburgo e parte de Francia esta noite e maila que ven non hai un neno que durma, xa que chega SAN NICOLÁS, cargado de regalos e de larpeiradas.Segundo en que pais chega a noite do 5 ou a do 6 de decembro. Efectivamente adiántannos(pero logo cando chegan os Reis xa non lles toca gran cousa).Van a escola igual, pero é día de festa, xa que tamén deixa regalos, galletas e figuras de chocolate nas clases.

28.11.07

O NOTICIARIO:




Sabias que o cine de animación vai cumprir 100 anos? E que a primeira peli animada naceu en 1908? Iso si, as técnicas cambiaron moito, pasamos da animación tradicional a stop motion,rotoscopia,flash,3D... Tamén quería anunciarvos que se estrea en 2008 "Planet One" ,o parecer,a produción mais cara do cine español. http://ocio.msn.es/cine/EstrenosCine.aspx

16.11.07

COLABORACIÓN VOLUNTARIA


Gustaríame felicitar ós alumnos que durante o curso 2006-07 viñeron axudar de forma regular nos recreos a forrar libros, restaurar tapas, pegar etiquetas e sobre todo crear un grupo donde reinaba o bo humor, as ganas de pasalo ben e de estar en contacto cos libros. Foron un exemplo de xenerosidade. Espero de todo corazón contar convosco este curso.

VIAXE POLA LITERATURA FRANCESA







Nestes días as alumnas de francés de 4ºESO están realizando un traballo sobre autores franceses dende a Idade Media ata o século XX que enlazará coa materia que están dando en Historia. Se tedes curiosidade por velo podedes pasar pola clase de 4º.

14.11.07

2007 ANO DA CIENCIA


Quería presentarvos una páxina web que me pareceu moi interesante, chea de noticias e experiencias relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía en España. Recordarvos, ademáis, que neste mes de novembro estanse a levar a cabo en Galicia 116 actividades en relación co mundo da ciencia que podedes atopar se vos animades a entrar nela. Un dos temas interesantes que trata é o cine científico : http//www.semanadelaciencia.es/

8.11.07

HORA DE LER:

Recomendamos ... O cazador de estrelas ( 1º ciclo)
Título: O cazador de estrelas
Escritor: Ricardo Gómez
Tradutor: José Ignacio Chao Castro
Editorial: Tambre
Colección: Catavento
Cidade: Zaragoza
Ano: 2004
N" páx.: 172
ISBN: 84-263-5470-X

Bachir é un neno enfermo que vive nun campamento de refuxiados saharauis. Debido á súa doenza está recluído nunha tenda e a súa familia coida del. Non sabe ler nin escribir e abúrrese cos libros de imaxes que lle leva súa irmá. Descobre que a través dos sons que lle chegan do exterior pode enterarse de todo o que pasa no campamento. Entretense escoitando estas voces e imaxinando o que transcorre fóra da súa tenda. Unha noite escoita o ruído duns pasos e coñece a un vello que lle vai contar a historia do seu pobo e a posibilidade de curarse da súa enfermidade.

Recomendamos ... O príncipe da Brétema (2º ciclo)

Título: O príncipe da Brétema
Escritor: Carlos Ruiz Zafón
Ilustrador: Tino Gatagán
Tradutor: Inés Sixto García
Editorial: Rodeira-Grupo Edebé
Colección: Periscopio
Cidade: A Coruña
Ano: 2000 Reedición: 2002
N" páx.: 221
ISBN: 84-8116-327-9

Max trasládase xunto coa súa familia a un pobo da costa para afastarse da guerra. De contado vai descubrir que o seu novo fogar está envolto nun terrible misterio. Coa aparición do Dr. Caín, un diabólico personaxe, comezan a precipitarse os acontecementos.
ASÍ EMPEZA...Aínda terían que pasar moitos anos para que Max esquecese aquel verán en que descubriu, case que por casualidade, a maxia.

Recomendados polo IES PAZO DA MERCÉ AS NEVES

OS NENOS E NENAS DE ENTRE 10 E 13 ANOS SON OS QUE MÁIS LEN

A Federación de Gremios de Editores de España vén de facer públicos os resultados do Barómetro de Hábitos de Lectura y compra de Libros correspondente ao terceiro trimestre de 2007. Consolídase o grupo de nenas e nenos entre 10 e 13 anos como o sector da poboación que máis le: 9 de cada 10 nenas e nenos desta idade decláranse lectores; a maioría le por elección propia e porque lles gusta.
Un dato significativo é que o 94,5% dos nenos e nenas enquisados afirman que no seu colexio os profesores lles animan á lectura.
Outro dato importante: nos fogares destes lectores, o 73,4% dos pais len de forma cotiá e un 80,7% mercoulles ou regaloulles libros no último ano.
O mesmo estudio sinala que entre a poboación lectora maior de 14 anos (o 57%), o grupo de poboación que máis le son os mozos entre 14 e 24 anos, que o fan nun 70,2%
Non debe pasarse por alto outro dato deste barómetro, o que indica que só escolle o galego para as súas lecturas un 0,1% da poboación lectora. Por último, un vistazo á lista dos libros máis lidos en xeral, e entre os máis novos en particular, chama a unha reflexión á hora de preparar seleccións de lecturas e itinerarios lectores para o noso alumnado, co fin de mellorar a súa competencia literaria. (NOTICIA DO BLOG DE BIBLIOTECAS ESCOLARES)

4.11.07

Novo programa de literatura

Página 2 Hoxe empeza a emitirse na 2 de TVE (as 20 h 15) un programa semanal adicado á literatura cun formato innovador, con entrevistas e reportaxes que afondarán polo miúdo en aspectos descoñecidos do mundo dos libros e a crítica de cine inspirado na novela.